exames fitosanitarios

PRÁCTICAS E EXAMES DE APLICADORES/MANIPULADORES DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (BÁSICO) 2016

As ditas probas realizaranse neste centro os MARTES e MÉRCORES . E consistirán nunhas prácticas que se desenvolverán de 9 a 14 horas e unha proba de avaliación que se desenvolverá de 16:00 a 18:00 horas.
As entidades organizadoras que desexen vir a este Centro Avaliador a realizar as prácticas e a proba de aptitude deberán consultar as datas dispoñibles no calendario; e enviar un correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.es facendo constar a seguinte información.

• ENTIDADE ORGANIZADORA
• Día elixido.
• Nome do Coordinador do curso e teléfono de contacto.
• Nº de alumnos previstos.